...

Especie cunha gran plasticidade ecolóxica, polo que é capaz de adaptarse nun rango amplo de condicións ambientais. A súa presenza non depende de que o hábitat cumpra con tódolos requisitos necesarios para a súa supervivencia. Polo xeral, presenta unha distribución xeográfica ampla (ubicuo significa estar en todas partes).

Diferénciase dunha especie cosmopolita en que a área de distribución desta se estende por gran parte do planeta, aínda que ás veces ambos termos son empregados como sinónimos; e oponse a especie endémica.