...

Distínguense tres estados de consistencia dun solo: estado líquido (grans independentes entre si, co que se poden mover facilmente uns respecto dos outros); estado plástico (os grans están próximos e unidos por moléculas de auga, ao moverse, permanecen unidos sen se afastar); e estado sólido (os grans están intimamente unidos uns aos outros). O paso dun estado a outro é moi progresivo, polo que o límite entre dous estados resulta arbitrario, téndose estandarizado o uso dos límites propostos por Atterberg e precisados por Casagrande: límite líquido (líquido-plástico) e límite plástico (plástico-sólido) que se determinan na fracción de solo que pasa por unha peneira de 0,40 mm.