...

Conxunto de técnicas de desinfección do solo ou dunha mostra para conseguir que quede completamente estéril, isto é, libre de organismos vivos, incluíndo as súas estruturas resistentes e esporas.

É unha formulación adecuada para traballos de investigación (p. ex., en laboratorio ou invernadoiro) nos que interesa un procedemento de esterilización integral os organismos, que elimine as partículas, valor do pH, carbono orgánico, entre outros aspectos.

Entre os tratamentos máis empregados habitualmente pódense citar: o autoclave, aínda que destrúe a estrutura do solo; a azida sódica (NaN3), que cambia o valor do pH); e a radiación gamma, que é o procedemento que provoca a menor alteración das propiedades fisicoquímicas, aínda que dependerá da natureza do solo.

Na práctica agrícola (p. ex., en horticultura), non se recorre a unha esterilización total, senón a unha desinfección parcial, xeralmente por medio de técnicas físicas (solarización, vapor a alta presión), que poden ter efectos negativos sobre organismos que non sexan o obxectivo do tratamento e sobre outros procesos (estruturación do solo, ciclo bioxeoquímico dos nutrientes, nutrición do cultivo).