...

A escala macroscópica, tipo de estrutura caracterizada por unha disposición duradeira de partículas elementais (arxila, limo, area e materia orgánica), unidas entre si de maneira estable formando agregados milimétricos esferoidais que supoñen máis da metade do horizonte. Trátase de dexeccións fecais da mesofauna do solo.