...

Proceso de degradación dun corpo de auga por un aporte excesivo de nutrientes (especialmente nitróxeno (NO3−) e fósforo (PO43−), o que produce un crecemento desmesurado da biomasa (en especial de algas cianofíceas autótrofas e de especies superiores, tales como a lentella de auga). Por un lado, dá lugar a unha demanda biolóxica de osíxeno (DBO) moi elevada cando a materia orgánica morta se descompón e se biodegrada. En casos extremos, pódense chegar a crear condicions anóxicas, o que afecta negativamente á fauna acuática, co resultado de mortes masivas de peixes. Por outro, pode atoar as conducións de auga e filtros, e tamén pode degradar áreas de lecer.