Proceso de transferencia dun fluído desde un corpo dado ao espazo circundante. Pódese referir, entre outros, ao movemento de auga desde o interior do solo cara á atmosfera, xeralmente por evaporación, por conseguinte implica unha perda de auga por parte do solo. É o movemento inverso ao proceso de infiltración.