...

Elemento químico metálico, de símbolo Fe, número atómico 26 e peso atómico 55,84, que pode actuar con estado de oxidación +2 (reducido, con cores agrisadas, azuladas ou verdosas, soluble) e +3 (oxidado, con cores avermelladas ou pardas amarelentas, precipitado). Os seus óxidos e oxihidróxidos constitúen os elementos cromóxenos máis xeneralizados nos solos. Os óxidos de ferro desempeñan unha función importante nos procesos de adsorción e de agregación no solo. Os cambios de estado redox do ferro adoitan levar aparellados cambios de pH; así, cando un solo se inunda, o pH aumenta (a acidez diminúe), coa semirreacción: Fe(OH)3 + e Fe2+ + 3 H2O. É un elemento esencial para as plantas, un micronutriente. A deficiencia de ferro na planta non é debida á súa carencia no solo, senón a problemas de bloqueo na absorción, como os que derivan da presenza do ión hidroxenocarbonato (HCO3) que en solos calcarios induce clorose férrica.