Cantidade de auga que intervén nun proceso de filtración, p. ex. a auga que se perde nunha conca por fugas a través dunha formación xeolóxica. Exprésase como un volume por unidade de tempo. A súa ecuación de dimensións é: [L3 T-1] e mídese en m3 s-1. Se as filtracións equilibran a evapotranspiración, o nivel freático permanecerá estable. Se o fluxo de auga corta a superficie do terreo nunha ladeira, pode dar lugar a unha xurdencia ou a un manancial, onde a auga emerxe ao longo dunha liña ou dunha superficie. As zonas de xurdencia identifícanse no campo pola presenza dunha vexetación hidrófila, como Arundo donax (cana), que contrasta coa vexetación circundante.