Técnica de fitorremediación que consiste na estimulación por parte das raíces das plantas dos microorganismos autóctonos presentes na rizosfera.
A estimulación da actividade microbiana, por parte das plantas, conséguese grazas ás exsudacións radicais que conteñen diversos compostos orgánicos que poden servir como fontes de enerxía para os microorganismos. Estas exsudacións tamén poden actuar como inductoras de xenes microbianos involucrados na degradación, ou como co-metabolitos necesarios para que se produza a degradación dos contaminantes.
Pódese aplicar para eliminar contaminantes orgánicos, tales como praguicidas, hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAH) de solos e sedimentos.
Pode involucrar plantas acuáticas que alberguen poblacións activas de degradadores microbianos, como por exemplo, a estimulación da degradación de atrazina por hepáticas.