...

Técnica de fitorremediación que consiste en converter os contaminantes do solo ou da auga nunha forma volátil e a súa consecuente liberación á atmosfera por transpiración.

Os procesos máis estudados son os que acontecen nos caules e nas follas, pero a fitovolatilización indirecta tamén acontece cando os contaminantes son volatilizados na zona das raíces. As salicáceas (chopos e álamos) son moi eficaces na eliminación de compostos orgánicos volátiles debido ás súas altas taxas de transpiración