...

Proceso mediante o cal os fosfatos asimilables polos microorganismos son inmobilizados, xa sexa no seu material celular ou ben porque interactúan ou son complexados por substancias orgánicas excretadas polas raíces e polos produtos de descomposición da materia orgánica do solo. Estas formas de fósforo orgánico son menos estables que os precipitados con catións inorgánicos polivalentes de ferro, aluminio e manganeso (en solos ácidos) ou de calcio (en solos calcarios). No ciclo dos compoñentes orgánicos do solo, a mineralización da materia orgánica constitúe unha fonte importante de fósforo para as plantas. O grao de dispoñibilidade depende da relación de masas (carbono orgánico / fósforo total) no solo; relacións maiores de 200 adoitan estar asociadas a deficiencias de fósforo nas plantas.