Fluído no newtoniano que cumpre a condición de que a relación entre o esforzo cortante e a taxa de deformación siga unha función lineal, sen pasar pola orixe. O valor da ordenada na orixe chámase limiar de fluencia, e considérase que o fluído ten comportamento plástico.
O esforzo cortante é igual ao límite de fluencia máis o produto da viscosidade dinámica por a taxa de deformación. Para comezar a fluír, o fluído de Bingham require a aplicación dun esforzo cortante maior que o valor da ordenada na orixe. É o caso da auga do solo, que se fai máis ríxida nas proximidades da superficie de contacto con partículas sólidas, debido á acción das forzas de adsorción. Esta auga adsorbida ou unida á superficie das partículas do solo pode ter unha estrutura case cristalina, semellante á do xeo, sendo máis ríxida que a auga libre, polo que a súa viscosidade non ten un valor constante e definido. Isto pode explicar as anomalías no cumprimento da lei de Darcy en solos arxilosos con velocidades de circulación moi baixas.