Movemento superficial dun corpo de auga relativamente grande acumulado dentro dun leito relativamente estreito. Cando se forma a partir dun fluxo non concentrado, a turbulencia (número de Reynolds) aumenta como consecuencia do incremento do radio hidráulico. A miúdo provoca unha erosión intensa do solo, dando lugar á formación de regueiros, sucos e cavorcos.