...

Transporte dun compoñente do solo (gas ou líquido) producido sobre todo por diferenzas de forza ou de presión entre distintos puntos. Por exemplo, o movemento da auga no solo (fase líquida) que afecta a un volume de auga que se despraza no seu conxunto, de maneira que as substancias disoltas ou en suspensión nela se moven á mesma velocidade que a auga. Exprésase por medio da lei de Darcy. Analogamente, a entrada dunha masa de aire no solo, que contribúe á aireación do solo, ten lugar por diferenzas de presión entre o aire do solo e a atmosfera exterior, ou por gradientes de presión dentro do solo, o cal forza á masa de gas a moverse dende os puntos de maior presión aos de menor presión.