...

Modelo de desprazamento da auga no solo caracterizado polo feito de que no límite entre a disolución desprazante e a desprazada polo avance da primeira non hai mestura entre ambas, polo que non teñen lugar nin difusión nin dispersión hidráulica. Neste caso, o límite entre ambas disolucións permanece como unha fronte abrupta que avanza á mesma velocidade en toda a sección transversal, que corresponde á velocidade de fluxo. Dáse raramente na práctica, aínda que se asuma como simplificación en diversos modelos.