...

Encima que cataliza a hidrólise de fosfatos orgánicos a fósforo inorgánico na forma de ortofosfato (PO43-) que é asimilable polas plantas e organismos edáficos.

Xoga un papel clave no ciclo do fósforo, xa que é a responsable da mobilización do fósforo orgánico (ésteres do ácido fosfórico), que non é asimilable pola vexetación nin pola maioría dos microorganismos.

A actividade da fosfatase relaciónase de forma inversa coa presenza de fósforo libre, de maneira que, cando a auga do solo se empobrece en fósforo, as plantas e microorganismos incrementan a secreción de fosfatase. Pola contra, as deposicións ácidas ao solo afectan negativamente a actividade da fosfatase.

Distínguense dous tipos de fosfatases segundo o valor do pH ao cal a súa actividade é máxima: 1) fosfatases ácidas, frecuentes nos exsudados radiculares en solos ácidos; 2) fosfatases alcalinas, que son producidas polos microorganismos (fungos micorrícicos) en solos básicos.