...

Encima que cataliza a hidrólise de enlaces O-P dos monoésteres fosfóricos e que desempeña o papel principal na mineralización dos compostos fosfóricos orgánicos. A fosfomonoesterase ácida é o grupo dominante de encimas implicadas na mineralización de fósforo orgánico en solos ácidos.

Son producidas principalmente polas plantas e os fungos e, en menor medida, por bacterias. A cantidade segregada polas raíces varía entre especies, sendo maior nas plantas que fixan nitróxeno (p. ex., fabáceas), debido a que os seus requirimentos de fósforo son maiores. A súa actividade aumenta cando a concentración de fósforo dispoñible no solo e/ou a demanda de microorganismos e plantas aumenta; polo contrario, en solos nos que se aplica fósforo ou son ricos en fósforo, a actividade da fosfomonoesterase diminúe.