Reacción metabólica que ten por resultado a síntese dunha molécula de trifosfato de adenosina (ATP) por fosforilación directa dunha molécula de difosfato de adenosina (ADP), utilizando a enerxía liberada pola degradación dun substrato orgánico inicialmente fosforilado. A fermentación é un proceso redox anaerobio no que se produce ATP por fosforilación a nivel de substrato.