...

Proceso da fase fotoquímica da fotosíntese no que a fosforilación do ADP para formar trifosfato de adenosina (ATP) se realiza utilizando a luz solar, e é levado a cabo polas ATP-sintases da membrana do tilacoide, nos cloroplastos das células vexetais. É o resultado do acoplamento enerxético da fosforilación ao proceso de transporte de electróns inducido pola luz e constitúe o primeiro elo na transformación da enerxía luminosa en enerxía bioquímica.
ADP + Pi + cloroplastos + luz = ATP
En plantas e algas a fonte dos electróns necesarios para a xeración do ATP e tamén do NADPH empregado nos procesos biosintéticos da célula é a auga xerándose osíxeno. Nas bacterias fotosintéticas tamén é a auga en certos casos, pero noutros a fonte dos electróns é un composto inorgánico ou orgánico oxidable.