...

Fracción granulométrica da terra fina dun solo. Non se chegou a un acordo internacional acerca dos criterios para establecer o límite inferior para esta fracción.

O USDA (2014) e Canada establecen os limites 50 e 2 000 μm (con subdivisiones); mentres que FAO e a WRB (2016) establecen como limites de 63 e 2 000 μm (con subdivisiones); e a ISSS establecera de 20 e 2 000 μm para a fracción area (con subdivisiones). O seu contido exprésase como porcentaxe referido a masa de mostra seca.

Os solos nos que predomina a fracción area teñen unha capacidade de retención de auga baixa e unha permeabilidade elevada. A capacidade de intercambio catiónico e a reserva de nutrientes son baixas.