...

Fracción granulométrica da terra fina dun solo integrada por partículas de diámetro equivalente inferior a 2 μm. A fracción inferior a 0,2 μm denomínase arxila fina e a fracción de 0,2 a 2 μm é a arxila grosa. O seu contido exprésase porcentualmente referido a masa da mostra seca.

Os solos nos que predomina a fracción arxila son plásticos, teñen unha capacidade de almacenamento de auga elevada e unha permeabilidade baixa. Segundo a mineraloxía poden ter unha capacidade de intercambio catiónico e unha reserva de nutrientes elevadas (p. ex., minerais do grupo das esmectitas, das vermiculitas ou das ilitas).