Fracción da auga de rega infiltrada que realmente percola debaixo da zona radicular co fin de eliminar sales solubles da parte superior do solo. Este termo utilízase xeralmente cando é necesario remover os sales da zona radicular por medio da técnica de rega por inundación. Calcúlase como o cociente entre os centímetros de auga drenada por debaixo da zona radicular e os centímetros de auga aportada pola rega.