A partir da década de 1990 introduciuse o fraccionamento físico da MOS nos seus constituíntes orgánicos e inorgánicos segundo: 1) tamaño, cunha separación granulométrica clásica na que a mostra de solo se dispersa (quimicamente ou con ultrasóns) e se separan os distintos tamaños por peneirado e sedimentación; 2) densidade aparente, as partículas de solo sepáranse por flotación nunha disolución mineral en materia orgánica particulada, agregados organo-organo, organo-minerais e partículas minerais.