...

Superficie definida polo avance da auga nun solo non saturado de auga, no contacto entre a parte húmida do solo e a parte seca inferior. O movemento pode ser vertical descendente nunha única dirección, se a superficie do solo foi completamente humedecida pola auga de choiva ou unha rega por aspersión; vertical descendente e lateral, se só unha parte da superficie do solo foi humedecida, como nunha rega por sucos; ou pode ser vertical ascendente a partir dunha capa freática. A fronte de humectación é máis nítida en solos inicialmente secos, nos que o tempo requirido para humedecer unha profundidade de solo é maior, debido á diferenza de condutividades hidráulicas. Tamén é máis nítido en solos areentos que nos solos de textura fina.