...

Expresión que relaciona o contido de auga, θ, dunha masa ou volume dun solo non saturado de auga e a enerxía coa que a auga é retida pola matriz do solo, expresada como potencial matricial, ψm. Exprésase como: ψm = f(θ) e adóitase medir experimentalmente. Represéntase graficamente por medio da curva característica de humidade. O proceso de cambio do contido de humidade non é único nin monótono, senón que presenta histérese, de maneira que en secado (desorción), o contido de auga a un potencial determinado é maior que na humectación (sorción). Por mor da histérese do proceso, as curvas características de humidade presentan dúas ramas. Describe a dinámica da fase líquida do solo.