Modelo matemático cuasiempírico que permite converter datos básicos de atributos do solo dispoñibles en bases de datos, datos de laboratorio ou lendas de mapas de solos (p. ex. distribución de tamaño de partículas, densidade aparente, materia orgánica) en datos non dispoñibles, entre eles, propiedades hidráulicas (p. ex. función de retención de humidade, función de condutividade hidráulica non saturada). As funcións de edafotransferencia (FET) máis precisas para estimar as características de retención de humidade obtivéronse cando se utilizaron propiedades texturais, densidade aparente, materia orgánica e contido de humidade do solo.