Accións propias dos microorganismos do solo.
Os microorganismos son axentes con funcións esenciais: 1) nos ciclos bioxeoquímicos de elementos como o carbono, nitróxeno, fósforo, xofre, entre outros, que se atopan na biosfera formando a materia orgánica; 2) na mineralización do nitróxeno orgánico e nitrificación con liberación de nitróxeno en forma asimilable para as plantas; 3) na fixación biolóxica de nitróxeno grazas a asociacións simbióticas coas raíces; 4) na formación de biopelículas (en. biofilms) na superficie das raíces, ás que protexen e estimulan no seu crecemento; 5) nos procesos dixestivos de moitos invertebrados, por exemplo das miñocas; 6) na formación e degradación de compostos con efecto invernadoiro (metano, óxidos de nitróxeno); 7) na degradación de contaminantes.
A fertilidade, a resiliencia, o poder depurador do solo e a produción dos cultivos están ligados á actividade microbiana.