A MOS contribúe a diversas funcións do solo: 1) funcións físicas: escurecemento da superficie do solo (melanización), co que diminúe o albedo e aumenta a temperatura do solo; unión de partículas minerais con formación de agregados, co que mellora a estrutura do solo, a porosidade, a aireación e a permeabilidade; e crea hábitats para os organismos edáficos; 2) funcións fisicoquímicas e químicas: procesos de sorción/desorción e intercambio iónico; aumenta o poder amortecedor do pH e a capacidade de intercambio catiónico do solo; favorece a formación de complexos orgánicos e organo-minerais, que melloran a dispoñibilidade de micronutrientes e a capacidade de depuración de substancias tóxicas; intervén en procesos de oxidación-redución, entre outros; 3) funcións biolóxicas, en especial da MOS recente, que constitúe unha fonte de enerxía e de nutrientes para as funcións metabólicas e crecemento dos organismos do solo; i 4) procesos bioxeoquímicos: movementos de macroelementos, principalmente carbono, nitróxeno, fósforo e xofre (ciclos da materia); e aqueles con tempos de residencia máis longos fan que os solos actúen como reservorios deses elementos.
Todo isto fai que a xestión mellorada da MOS sexa esencial en solos agrícolas para unha agricultura sostible e nos ecosistemas e que supoña unha ferramenta moi valiosa para mitigar o cambio climático.