...

Composición dun material solto, expresada polas proporcións relativas das distintas fraccións granulométricas que o compoñen. No caso dun solo, determínase na terra fina dunha mostra (ɸ < 2 mm), agrupando as partículas individuais en intervalos de tamaños segundo o seu diámetro aparente: area, limo e arxila. Para materiais de gran groso (gravas, p. ex.), establécese por separación nunha torre de peneiras (peneiras de luz de malla decrecente) e axitación mecánica; e, para as fraccións máis finas (limo e arxila), por medio dalgún dos métodos de análise baseados na lei de Stokes. Tamén se pode recorrer a láminas delgadas de solo e análise de imaxes.