Aplícase ao organismo que vive en ambientes salinos, xa que está adaptado a tolerar concentracións elevadas de sales máis solubles que o xeso. No caso dunha planta denomínase halófila.
A maioría dos halófilos son do dominio Archaea, pero tamén os hai bacterianos e algunhas especies eucariotas, como as plantas Limonium, Salicornia, entre outras e fungos como Wallemia ichthyophaga.