...

Proceso de meteorización física consistente na fragmentación ou disgregación dunha rocha polas tensións xeradas dentro dela a causa do crecemento expansivo de cristais de sales nos poros. Os sales proceden de disolucións salinas saturadas orixinadas a partir da propia rocha ou que foron achegadas polo vento en forma de aerosois. É unha das causas frecuentes da deterioración dos monumentos construídos, por exemplo, con perpiaños de areniscas que conteñen pequenas cantidades de sales solubles.