...

Referido a unha planta ou comunidade vexetal, dise daquelas que viven na auga ou preto dela, en zonas húmidas e cursos de auga. Distínguese entre: 1) vexetación helófila, que é aquela que ocupa a primeira franxa vexetal respecto dun río o unha lagoa, arraigando en solos anegados todo o ano, como é o caso da espadana, Typha sp., ou ben, encharcados temporalmente, como no caso da carriza, Phragmites sp., con formacións moi densas, monoespecíficas; 2) vexetación que vive en solos con exceso de auga sen chegar a estar inundados, como no caso dos xuncos, Juncus sp., e dos buños Carex sp.; e 3) vexetación acuática.