...

Segundo a clasificación francesa de Philippe Duchaufour (1984), forma de humus formada en medios ácidos e húmidos, cunha franxa capilar a partir dunha capa freática superficial permanente e máis ou menos redutora, que non impide que estea máis ou menos ben aireada. Caracterízase por presentar un horizonte O groso (OL+OF+OH) cun cambio gradual do horizonte OH ao horizonte A, que pode ter un espesor de máis de 10 cm, constituído por unha mestura de materia orgánica e materia mineral, o que da lugar a un complexo arxilo-húmico pouco desenvolvido e a miúdo inestable.