Forma de humus formado nun medio húmido, baixo a influencia da franxa capilar dunha capa freática ou de períodos de inundación temporal. Consiste nun horizonte OL delgado cunha separación nítida do horizonte A de grosor variable e de cor máis ou menos escura. A maior actividade biolóxica causa unha descomposición e humificación rápidas e unha boa incorporación coa materia mineral, con formación dun complexo arxilo-húmico desenvolvido e estable.