...

Propiedade dunha substancia de adsorber auga a partir do vapor de auga da atmosfera circundante. Algunhas substancias cambian de color dependendo de se están secas ou absorberon auga, como é o caso do cloruro de cobalto, que se mostra azul cando está seco e rosa ao adsorber humidade, polo que se lle engade ao xel de sílice cando se utiliza como adsorbente de auga debido á súa elevada porosidade.

As superficies dos minerais de arxila do solo presentan unha forte afinidade pola auga: unha mostra de solo secada ao aire a temperatura ambiente retén unha cantidade de auga maior que cando se seca en estufa. A porcentaxe de auga adsorbida depende do tipo e contido de minerais de arxila no solo e da humidade do aire circundante. Isto levou, nos inicios da física de solos, a definir unha auga higroscópica do solo, concepto actualmente abandonado, xa que o tratamento da auga do solo en clases discretas foi substituído polo concepto de potencial da auga do solo. A auga do solo non difire dun lugar a outro pola forma, senón pola seu potencia ou enerxía potencial, que é continuo e non presenta transicións abruptas dun nivel de enerxía a outro. Nos solos salinos, a presenza de cloruro magnésico, MgCl2, que é moi higroscópico, explica que a superficie do solo apareza húmida incluso un certo tempo despois de chover.