Contido de auga cando todos os poros do solo ou dunha mostra están cheos de auga. No caso dun solo, é equivalente ao volume de poros; se ben en solos expansibles pode ser maior que a porosidade do solo seco debido aos cambios no volume específico aparente coa humectación. Nunha mostra de solo, corresponde á masa de auga (Mw) engadida a unha masa de solo seco (Ms) ao preparar unha pasta saturada para facer estudos de salinidade. Trátase dunha magnitude adimensional.
Calcúlase mediante a expresión: Hs = 100(mw/ms). É máis elevada nos solos arxilosos que nos areentos, cun intervalo que vai dun 25 % a un 60 %. O seu valor adoita ser, aproximadamente, o dobre do que corresponde ao contido de auga a −33 kPa. En horizontes hísticos, pode exceder do 100 % da masa seca. Pódese utilizar como indicador para estimar a granulometría do solo, especialmente en solos salinos e solos sódicos.