...

Contido de humidade dunha mostra de solo ou outro material tras un proceso de secado en equilibrio coa humidade da atmosfera circundante. Variará coa temperatura ambiente e a humidade relativa do aire circundante. Determínase por secado en estufa da mostra seca ao aire. A temperatura estándar de secado en estufa é de 105 oC ou de menos de 50oC se a mostra contén xeso. A perda de masa durante o secado corresponde á humidade retida na mostra seca ao aire. Se se refire á masa seca e se multiplica por cen, o resultado corresponde á porcentaxe de humidade retida na mostra seca ao aire.