Humina que corresponde á fracción de materia orgánica do solo (MOS) que permanece no residuo de extracción do solo despois de separar os restos orgánicos ou materia lixeira (por densidades ou flotación e tratamento con ultrasóns), os ácidos húmicos e ácidos fúlvicos, e tratar o solo con ácidos (HF, HCl) para eliminar minerais da fracción arxila.
Aínda que existen estudos que describen esta fracción como un conxunto de partículas con composición semellante tanto ás huminas herdadas como ás de neoformación, non parece moi apropiado discutir sobre a estrutura molecular dunha fracción de carbono do solo que foi obtida despois de tratamentos drásticos, ácidos e alcalinos, a temperaturas elevadas, pero que poñen de manifesto os fortes enlaces que poden chegar a establecerse entre a materia orgánica e a mineral no solo.