...

Número que permite describir cuantitativamente o comportamento do solo cando está sometido a unha carga (compresión). Exprésase como a deformación relativa dun volume de solo (variación relativa do volume, Vw), ao aumentar a presión, P, á que está sometido: κ w = – (1/V)(d/V/d/P). Tamén se pode expresar como a variación relativa de densidade aparente ρb co cambio de presión P, C = (1/ρb)(dρb/dP). Na curva de compresión cando se representa o volume fronte á presión, corresponde á tanxente desa curva.