Relación entre as absorbancias a 465 nm e 665 nm dun extracto de substancias húmicas que reflicte o grao de humificación da materia orgánica do solo. O seu valor se atópase entre 6 e 8,5 para os ácidos fúlvicos e entre 2,2 e 5 para os ácidos húmicos. Tamén se utiliza como parámetro de calidade para caracterizar o grao de humificación dunha materia orgánica (residuos orgánicos, p. ex.)