...

Índice que indica o risco de precipitación, sobre todo de carbonato de calcio (CaCO3), a partir dunha auga en función do seu contido iónico. Este índice depende do pH, da temperatura e do contido iónico da auga (especialmente da súa dureza e alcalinidade) e do grao de aireación dos solos. Utilízase para determinar os efectos sobre os equilibrios iónicos no solo e, no caso das tubaxes, do risco de aparición de incrustacións e depósitos de CaCO3 ou de corrosión. Un valor negativo indica que a auga é corrosiva, mentres que un valor positivo caracteriza as augas incrustantes, que dan orixe a precipitacións de (CaCO3). En solos, utilízase para corrixir o valor da relación de adsorción de sodio (SAR) teórico e para calcular os valores de SAR axustado. Para consumo humano e para as augas de baño, recoméndanse valores entre −0,5 e +0,5.