Infiltrómetro que consiste nun dispositivo para producir unha choiva de gotas, un depósito de auga con regulador manométrico e un chasis para delimitar unha miniparcela e que leva un boqueiro para dar saída á auga de escoamento superficial. Existen modelos para traballar en campo e en laboratorio. Neste segundo caso o material do solo colócase sobre unha superficie cuxa inclinación pódese variar dun ensaio a outro. A diferenza entre a auga aplicada e a de escoamento nun tempo determinado, referida á unidade de superficie, permite calcular a velocidade de infiltración. As medidas inclúen o efecto derivado da selaxe do solo debido ao impacto das gotas de choiva. Existen simuladores de goteiros e simuladores de aspersión.