...

Proceso biolóxico por medio do cal un elemento, por exemplo, nitróxeno ou fósforo, pasa a formar parte da biomasa e deixa de estar biodispoñible, o que limita a dispoñibilidade para as plantas. A inmobilización pode durar anos nunha masa forestal, ou ben, no caso dunha inmobilización microbiana, pode haber unha absorción de formas de nitróxeno baixo condicións ambientais adversas e unha liberación grazas a unha mineralización rápida cando se dan condicións óptimas.