Proceso fisicoquímico reversible por medio do cal ións que ocupan grupos funcionais situados na superficie (sedes de intercambio) son substituídos por outros ións nunha relación estequiométrica, xeralmente da fase líquida do solo ou adsorbidos noutra fase sólida en contacto coa primeira. Para que o intercambio sexa posible, a unión debe ser débil, xeralmente de tipo electrostático.