...

Rango de variación dos contidos de auga no solo entre cuxos límites inferior e superior o potencial da auga, a aireación (osíxeno) e a resistencia mecánica (penetración das raíces) non resultan limitantes para o crecemento das raíces das plantas. É un concepto sen unha base física, que integra diversas propiedades físicas e que depende de múltiples factores (tamaño de partículas, contido de materia orgánica e condición estrutural dos solos). Propúxose para ir máis aló do concepto de capacidade de auga dispoñible para as plantas e pode ser considerado tamén como un indicador de calidade física do solo.