Técnica de remediación ambiental in situ de tipo físico-químico e que consiste principalmente nunha ventilación forzada do solo por debaixo do nivel freático, inxectando aire a presión a través de pozos de inxección. Facendoó conséguese a vaporización dos contaminantes orgánicos volátiles que son bombeados cara a superficie a través dos pozos de extracción. A entrada de aire ao solo tamén favorece a biodegradación, xa que a osixenación estimula a actividade microbiana.
Utilízase, por exemplo, na descontaminación de solos e augas contaminadas por hidrocarburos. As instalacións requiridas son económicas e fáciles de manter. Pódese combinar coa técnica de extracción de vapores.