Organismo pertencente á Orde Isopoda do subfilo Crustacea (crustáceos), caracterizado por terse adaptado a vivir no medio terrestre.
Son comunmente coñecidos como cochinillas da humidade, son comúns as especies Oniscus asellus e Armadillium vulgare.
Corpo comprimido dorsoventralmente que se divide en: cefalón (cabeza), con ollos, antenas e pezas bucais; tórax ou pereion con pereiópodos (patas); e abdome ou pleón con pleópodos.
Forman parte de macrofauna. Son detritívoros, alimentándose de materia orgánica morta, polo que participan activamente no ciclo de nutrientes.
Algúns son utilizados como bioindicadores de contaminación por metais pesados, xa que toleran e acumulan estes metais no hepatopáncreas, podéndose facer un seguimento da bioacumulación.