...

Caso particular de isoterma de adsorción de tipo L, na que a pendente inicial da curva é moi pronunciada. Distínguese das demais curvas polo feito que o adsorbato mostra unha afinidade tan alta polo adsorbente que a pendente inicial é prácticamente infinita, aínda que isto non resulte coherente dende un punto de vista termodinámico. Esta grande adsorción prodúcese a miúdo por unha complexación de superficie de esfera interna, ou por interaccións mediante forzas de Van der Waals.