...

Isoterma de tipo sigmoidal que indica unha reacción de adsorción do soluto cando o sólido ten unha afinidade elevada polo solvente ou por outro soluto. Sempre é o resultado de, polo menos, dous mecanismos contrarios. Por exemplo: os compostos orgánicos non polares teñen unha baixa afinidade cos minerais de arxila, pero cando unha superficie arxilosa está cuberta por eles, as mesmas moléculas orgánicas, ou outras, son adsorbidas máis doadamente, fenómeno que se denomina adsorción cooperativa. A adsorción de ións metálicos tamén pode dar lugar a isotermas sigmoidais cando hai presenza de ligandos solubles. A baixas concentracións, a adsorción vese limitada pola cantidade de ligando. O ligando satúrase e, a continuación, a adsorción transcorre de modo normal, e o punto de inflexión mostra a concentración para a cal a adsorción supera a complexación.