Diagrama experimental que describe un proceso de adsorción en equilibrio. As curvas de adsorción expresan a relación entre a masa de soluto adsorbida e a súa concentración na disolución de equilibrio. Os seus parámetros varían de acordo coas propiedades da superficie e a afinidade do adsorbente a unha temperatura determinada. O estudo das curvas de adsorción constitúe unha ferramenta fundamental para describir e predicir a mobilidade dunha substancia no medio ambiente. Describíronse e utilízanse catro tipos de isotermas de adsorción: C (constante), L (progresiva), H (de alta afinidade) e S (sigmoidal).